A Fundación Universidade de Vigo (FUVI) é unha entidade sen ánimo de lucro creada no 1997 pola Universidade de Vigo para impulsar actuacións no ámbito do emprego, do emprendemento e da formación. En particular a FUVI ten como obxectivos:
– Apoiar e promover a actividade emprendedora da Universidade de Vigo, así como actuacións de fomento do emprego do estudantado universitario.
– Desenvolver aquelas iniciativas que favorezan a actividade de extensión universitaria e a cooperación internacional da Universidade de Vigo.
– Promover e realizar actividades de formación non regrada co fin de lograr as máximas cotas de calidade de docencia e investigación.
– Fomentar e promover a cooperación entre a Universidade de Vigo e o sector empresarial, entidades e institucións da máis variada natureza.
– A promoción e comunicación da formación, investigación e actividades da Universidade de Vigo.
Fundación Universidade de Vigo
