FEAFES Galicia

INSERCIÓN LABORAL

A Federación de Asociacións de Familiares e Enfermos Mentais de Galicia é unha entidade sen ánimo de lucro constituída no ano 1995 con obxectivo de actuar como representante dos dereitos e necesidades do movemento asociativo das persoas con enfermidade mental. Na actualidade está integrada por 14 asociacións distribuídas por toda a xeografía galega, das cales seis están emprazadas na provincia de Pontevedra.